Donato Rossetti
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1633 Livorno |
Morte | 1686 Turín |
Formación profesional | Doutor en Teoloxía |
Educación | Universidade de Pisa |
Actividade | |
Ocupación | relixioso, científico, profesor universitario |
Empregador | Universidade de Pisa |
Lingua | italiano |
Donato Rossetti, nado en Livorno en 1633 e finado en Turín en 1686, foi un relixioso, científico e profesor universitario italiano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Rossetti naceu el Livorno, Gran Ducado de Toscana, e estudou na Universidade de Pisa onde foi alumno de distinguidos científicos. Comezou a ensinar en Livorno, onde era cóengo, e a súa fama fixo que o cardeal Leopoldo de Médici, fillo do Gran Duque, o enviara en 1666 á illa de Gorgona para estudar os eclipses deLúa. Obtivo a cátedra Lóxica, e logo a de Filosofía, na Universidade de Pisa. Á parte da docencia, ocupouse en moitos asuntos doutros campos; hai novas da súa contribución no proxecto de mellora do porto de Livorno, e participou en moitos proxectos para construír máquinas e edificios.[1]
Foi moi activo no debate sobre diversas cuestións científicas da época como a estrutura da Terra, o fenómeno das mareas, o Cosmos, o movemento perpetuo, ou o atomismo,[2] e foi convidado varias veces a admitir que os seus escritos e teorías eran obras de ficción,[1] ou místicas como as cualificaron Galileo Galilei e Geminiano Montanari na súa controversia.[2]
Precisamente, debido ás súas ideas viuse obrigado a abandonar o Gran Ducado de Toscana, trasladándose a Turín, capital do Ducado de Savoia, onde faleceu.[1]
Algunhas obras
[editar | editar a fonte]- Antignome Fisico-Matematiche Con Il Nuovo Orbe, 1667.
- Dimostrazione fisicomatematica delle sette proposizioni che promesse Donato Rossetti ... al sereniss.mo Cosimo 3. principe di Toscana, 1668.
- Lettera del dottor Donato Rossetti al signor dottor Carlo Fracassati, 1668.
- Fortificazione a Rovescio di Donato Rossetti canonico di Livorno, dott. in sac. teologia, 1678. Reeditado en 2018 por Forgotten Books, Londres. ISBN 978-1-3967-0004-0.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Donato Rossetti en Archivio Scientifico e Tecnologico. Università di Torino.
- ↑ 2,0 2,1 Gómez López 1997.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gómez López, Susana (1997): Le passioni degli atomi. Montanari e Rossetti: Una polemica tra galileiani, Florencia: Leo S. Olschki. ISBN 978-8-8222-4469-7.